E-distrito

Axenda de Eventos

r

Crónicas do paraíso

  O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas "Crónicas do Paraíso" ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo.

  Na cerimonia fúnebre interprétase a música prometida en testamento polo Sochantre de Crozon a Madame de Quelven a cambio da propiedade do pomar do alto. O Sochantre, home relixioso e defensor de valórelos da alma, está determinado a cobrar o que lle é debido e aos poucos vaise revelando máis achegado aos segredos da carne que ás virtudes do espírito. A actitude obstinada do clérigo acaba por envolver aos cinco personaxes nun enmarañado conflito de valores, culpas e desexos que os leva a revelar os seus máis profundos segredos e pecados.

  Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.

  A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

  Creación e dirección: GONÇALO GUERREIRO

  Adaptación / Versión: FERNANDO DACOSTA

  ELENCO: FINA QUELLA, SABELA GAGO, FERNANDO DACOSTA, FRAN LAREU, ELENA SEIJO

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 08/05/2021

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados