E-distrito

Axenda de Eventos

a

Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Alfonso X a Xela Arias

  Jazzliza é un proxecto da Big Band do CSM da Coruña coa dirección musical de Alberto Conde e un interesante conxunto de artistas invitados: Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto.

  Jazzliza: Galiza e o Jazz da man, enxertados neste espectáculo. Textos imprescindibles da poesía galega de sempre vibrando en clave de Jazz, en composicións orixinais directamente inspiradas neles e encarnadas na voz desa selección de intérpretes que expresan a variedade e a riqueza da actual creación musical entre nós.

  Coincidindo coa Semana das Letras Galegas en Jazzliza ofrécesenos unha selección de textos de homes e mulleres cun significado senlleiro na nosa literatura, comprendendo un arco temporal e un abano de actitudes expresivas desde a idade media ata a contemporaneidade, incluíndo mostras da Xeración Nós e de poéticas ligadas á cidade da Coruña -Curros, Fernán-Vello, Ánxeles Penas-, dando conta dunha multiplicidade de perspectivas en que se proxecta, como nun calidoscopio, a nosa sensibilidade colectiva. En Jazzliza as palabras dos e das poetas, as voces das e dos cantantes voan en música de Jazz, que, como diálogo que é entre a individualidade e o colectivo, resulta así o vehículo ideal para aquela celebración en plural do sentir persoal que a poesía propón. Jazz que vén servido pola Big Band do CSM da Coruña; unha institución clave na construción do presente e do futuro do Jazz no noso país.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 06/05/2021

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados