E-distrito

Axenda de Eventos

a

Pablo Sanmamed

  Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é un camino aberto ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz.

  Editado por aCentral Folque en formato vinilo, neste traballo a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid.

  Música, texto e fotografía presentan entidade propia ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, a primavera, a muller.

  Para este proxecto o contrabaixista e compositor Pablo Sanmamed conta con músicos de talle internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusión). O resultado xorde do encontro natural entre os membros da banda, que conectan os mundos da música antiga e o jazz.

  A liberdade compositiva e de ornamentación son dúas máximas da proposta de Ben Vennas Maio. As mans e as voces destes músicos ofrécennos unha viaxe a través de nove cantigas da autoría de Alfonso X, reinterpretadas e nalgún caso musicadas para a ocasión.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 09/05/2021

Hora:

  • 20:00 h

Prezo:

  • De balde

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados