E-distrito

Axenda de Eventos

a

Margarida Mariño

  A exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello levaron a Margarida a experimentar con xéneros nos que o seu instrumento non é tan común, como ok jazz, al música espontánea ou a improvisación libre, entre outros. 

  A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para violoncello inspirado en temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos, voz e loops cos que acada crear texturas únicas e complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi persoal e único, no que xéneros tan aparentemente diverxentes como o postrock, o triphop ou a música clásica vibran cunha soa voz.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 16/05/2021

Hora:

  • 20:00 h

Prezo:

  • De balde

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados