E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 27-06/ Vestir épocas, 1860-1960. A colección González-Mouro

  Con esta mostra trátase de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados a unhas épocas determinadas, na que constitúe a primeira mostra dedicada de forma monográfica á temática da moda en exclusividade no Museo de Belas Artes da Coruña.

  Trátase de poñer en diálogo e relación as pezas de indumentaria e complementos pertencentes á colección téxtil da familia coruñesa González-Mouro, que abarca un rango de tempo desde os anos 1860 ata os anos 1960, coas obras de arte da colección permanente do museo tendo en conta a súa iconografía, época, uso, etc.

  As máis de trescentas pezas que conforman a exposición son roupas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica, confeccionadas principalmente en Galicia e pertencentes no seu maior parte á vida en Galicia. Reflicten a moda urbana, local e cosmopolita, artesá e industrial, a moda dun mundo moderno en constante cambio e movemento.

  Exposición ata o 27 de xuño.

Lugar:

  • Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Data:

  • 27/06/2021

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados