E-distrito

Axenda de Eventos

r

Presentación da novela "O pasaxeiro do inverno" de Pablo L. T. Noval

  O vindeiro xoves 16 de setembro, ás 19:30 h, Pablo T. L. Noval presentará o seu novo libro "O pasaxeiro do inverno". O autor estará acompañado pola filóloga María Infante.

  Debido ás restricións sanitarias a causa do COVID-19 é necesario reservar praza para asistir, inscribíndoche nesta mesma web.

  Sinopse :

  Un conxunto de relatos de diversas extensións escritos ao longo da última década. Algúns deles son moi curtos, instantáneos: unha fotografía de realidade; outros máis extensos, móstrannos un escenario máxico e misterioso onde os personaxes reais e ficticios conviven nun universo fantástico ou costumista, forxado no propio mundo do autor, que vive dacabalo entre España e Alemaña. Por elo, decidiuse publicar os textos nunha única edición bilingüe.

  O autor:

  Pablo L. T. Noval (A Coruña, 1984) é docente de español en Alemaña. Traballou nas universidades de Bayreuth e Bamberg, cidade á que se mudou no ano 2010 tras terminar a súa Diplomatura de Turismo na Universidade da Coruña e de traballar tres anos en Barcelona. Desde entón, Noval estudou Alemán e Filoloxía Románica na Universidade de Bamberg.

  O escritor coruñés é un apaixonado do fútbol e a música, das linguas e a súa poesía. Ata o momento, Noval escribiu catro obras de teatro para o grupo de español da Universidade de Bamberg (2016-2019) e a novela de misterio "A cidade dos esquecidos" (edition hübscher, 2018). Os relatos do "pasaxeiro do inverno" móstrannos o seu lado máis creativo, crítico e persoal.

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 16/09/2021

Hora:

  • 19:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados