E-distrito

Axenda de Eventos

h

The Witch, un espectáculo ritual

  Dentro, Ela - Actriz, Ela - Menciñeira e Ela - Witch entretece as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para finalizar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non), pois as tres son unha. E unha é as tres.

  A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

  The Witch cóntanos a historia dunha das miles de mulleres acusadas de bruxaría na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos á actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; a menciñeira ocupada entre plantas e unturas; e á muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá. Mentres, o público, a modo de xogo, realiza pequenos rituais desde a súa butaca. Para cando chegue o final poderá responder: queremos queimar á bruxa ou desexamos a súa liberación?

  Autoría, dirección e interpretación: Diana Sieira

  Compañía Diana Sieira

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 08/10/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados