E-distrito

Axenda de Eventos

a

Castelvines y Monteses

  Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Barco Pirata

  "Los amantes de Verona" segundo Lope de Vega

  A traxedia Romeo e Xulieta e a comedia dramática Castelvines y Monteses son dúas xemelgas que tiveron fortunas moi distintas. Lope apártase do final tráxico, obedecendo aos gustos do seu público, e vai moito máis alá da parodia, convertendo unha suposta obra menor, nunha alegación a favor do seu eixo temático fundamental: a forza indestructible do amor.

  Esta versión segue esta pauta vertendo todo o espírito xuvenil que latexa na súa obra: o triunfo do amor e do desexo por riba das convencións sociais.

  12 actrices e actores que abrazan os versos de Lope, e namóranse e namoran ao espectador co seu talento actoral, o seu dominio do corpo, do canto, e dos instrumentos cos que ambientan no tempo real e os devenires de Julia e Roselo, Celia e Marín, Dorotea e Anselmo...

  Señoras e señores a comedia musical está servida

  Reparto:

  Paula Iwasaki, Andreas Muñoz, Aitor Beltrán, Xabier Murúa, Ignacio Rengel Lucena, Oscar Martínez Gil, María Pascual, Natxo Núñez, Gonzalo Ramos, Xoel Fernández, Cintia Rosado, Julia Roch, Almudena Salort

  Equipo artístico/técnico:

  Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 01/10/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados