E-distrito

Axenda de Eventos

r

Presentación do libro "Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán"

  No marco da celebración dos actos do Concello da Coruña polo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Ágora a presentación do libro "Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán" de Marilar Aleixandre e María López Sández, editado neste 2021 pola Editorial Galaxia na súa colección Feminismos.

  Sinopse (Ed. Galaxia): As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados "universais" asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres.

  Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir "o seu propio destino", ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres "até a última gota de tinta".

Lugar:

  • Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Data:

  • 19/10/2021

Hora:

  • 19:00 h

Prezo:

  • De balde con reserva

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados