E-distrito

Axenda de Eventos

T

TRC danza: Dose de Paraíso

  Dosis de paraíso é a nova creación de Sharon Fridman, unha exploración sobre o amor e as relacións, na que se desenvolve un diálogo coas novas tecnoloxías en procura de espazos emocionais, grazas á colaboración con artistas de España, Bélxica e Israel.

  Este traballo de investigación e creación desenvolveuse no marco de residencias técnico-artísticas no Teatro Francisco Rabal de Pinto, onde a compañía é residente desde outubro de 2018.

  Un corazón precipítase

  escurriéndose da soidade.

  Fuxido no Outro

  confunde o latexado

  perdéndose na unión,

  ¿onde o paraíso?

  A repetición é clave neste traballo, a través dela vaise desenvolvendo a transformación dun estado dentro dun ciclo. Repetindo unha acción, un xesto, consolidamos unha ruta, e só levando ese mesmo movemento ao seu límite poderemos bifurcar cara a outro lugar. Para a determinación do espazo escénico desenvolveuse unha intensa investigación sobre como as novas tecnoloxías lumínicas e audiovisuais poden contribuír á creación de atmosferas emocionais e suxerir alteracións no transcorrer do tempo. A dramaturxia da luz convértese nun enfoque fundamental á hora de debuxar "paisaxes anímicas", permitindo saltar dun espazo no que habita unha realidade existencial e cotiá a un espazo simbólico, imaxinario, no que se revelan outros planos do real.

  Dirección e coreografía: Sharon Fridman

  Bailaríns: Melania Olcina, Arthur Bernard Bazin/Maite Larañeta

  Músico en escena: Ofer Smilansky

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 23/10/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados