E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 18-dec/ EXPO: Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade

  Exposición presenta na Coruña ata o día 18 de decembro.

  A mostra Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade xa pode verse no Quiosco Alfonso da Coruña. A exposición ofrece un percorrido pola vida e a obra guiado, entre outras pezas, por máis de 70 pertencentes ao legado da homenaxeada que custodia a RAG na súa biblioteca e arquivo e na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. O presidente a Academia e director da Casa-Museo, Víctor F. Freixanes, e a directora de La Tribuna. Cadernos de estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Marilar Aleixandre, participaron na inauguración, que cadrou na semana da celebración en Galicia do congreso internacional dedicado á escritora coruñesa co gallo do centenario do seu pasamento.

Lugar:

  • Quiosco Alfonso. Av. Xardíns de Méndez Núñez, 3, 15003 A Coruña

Data:

  • 18/12/2021

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados