E-distrito

Axenda de Eventos

n

En palabras de Jo, Mujercitas

  A partir da novela de Louisa May Alcott, falaremos da muller que se esconde en Mujercitas, ou mellor dito, das mulleres que se esconden tras a peza. Nesta obra, veremos o proceso de escritura dunha das pezas con máis sona de todos os tempos, peza que influíu en mulleres como Gertrude Stein, Patti Smith, Simone de Beauvoir e Joyce Carol Oates, entre outras. Partindo dun feito histórico, a censura que a autora sufriu sobre a súa obra en 1880 por parte dos seus editores, daremos conta da revolución que se esconde en Mujercitas, do conflito que a propia autora sufriu ao escribila, do que supón ser muller e ademais escritora na súa época, pero tamén nesta, a nosa época. En Mujercitas, asistiremos a unha nova lectura do clásico de Alcott, lectura na que se dará conta da valentía feminina, desas revolucións que, aínda que discretas, son capaces de cambiar unha época, de producir...movemento.

  Reparto: Paula Muñoz, María Pizarro, Carolina Rubio, Clara Sanchís, Maite Sandoval, Andrea Trepat

  Dirección: Pepa Gamboa

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 28/11/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados