E-distrito

Axenda de Eventos

a

Carlos Nuñez en concerto

  Trátase de case 200 cancións, non compuxo tantas obras de ningún outro xénero. Son practicamente descoñecidas, a pesar de que lles dedicou moito esforzo, tempo e entusiasmo nos seus 15 últimos anos de vida. Escribiunas en paralelo á sétima sinfonía, coa que comparten moitos elementos, ata o punto de ser chamada a "Sinfonía Irlandesa", ou a "apoteose da danza", como dicía Wagner, que chegou a danzar unha das súas jigas, mentres Liszt, o seu sogro e mentor, tocábaa ao piano.

  Carlos Núñez recupera na súa interpretación os tempi, ornamentación e espírito da música tradicional, nun concerto situado entre o poderío ben coñecido de Beethoven e a sorprendente mestizaxe cultural xa imaxinado polo mestre hai dous séculos.

  Carlos acaba de estrealo en Francia en versión orquestral, xunto á Orchestre National de Bretaña e a estrela da ópera Bryn Terfel, con excelentes críticas de Le Monde e os principais xornais do país galo.

  Carlos homenaxeará tamén a The Chieftains e Paddy Moloney, o seu mentor e mestre recentemente falecido, do que se despediu xunto a multitude de artistas en Dublín. Sorprendentemente, Beethoven utilizou para as súas composicións melodías tradicionais irlandesas, que tamén inspiraron aos Chieftains, por exemplo composicións do arpista Turlough O Carolan, que xa na súa época fusionara a música tradicional irlandesas coas correntes do barroco europeo de moda.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 17/12/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados