E-distrito

Axenda de Eventos

O charco de Ulises

  De Santiago Cortegoso  

  Versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

  A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado componente poético.

  Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa a illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.

  Reparto: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad, Paulo Serantes

  Dirección e adaptación: Marian Bañobre e Santiago Cortegoso

  Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 27/11/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados