E-distrito

Axenda de Eventos

e

Helena Salgueiro: Come and go. Dramatícula No 121-127

  Unha versión dun dos textos menos coñecidos do dramaturgo irlandés Samuel Beckett, Come and Go. Dentro dunha estética minimalista e expresionista, nun non-lugar onde o tempo parece distenderse, tres mulleres conversan con linguaxe e xestos, formando unha coreografía espacial, arrodeadas de imaxes fragmentadas, fotogramas e sensores de movemento. 

  Segundo a crítica, esta é a peza máis “perfecta do autor”. As intérpretes completarán a obra orixinal mediante investigación física de laboratorio, conformando unha peza escénica procesual.


Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 28/01/2022

Hora:

  • 20:00 h

Prezo:

  • De balde con convite

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados