O Coliseum da Coruña acollerá o 19 de novembro a presentación da nova xira do cantante Antonio Orozco, que chega á cidade para achegar ao público o seu último traballo, "Aviónica".
"Aviónica", disco publicado por Orozco no ano 2020, tardou máis de cinco anos en xestarse, período no que o artista e compositor catalán aproveitou para centrarse en cancións de identidade positiva.
.