E-distrito

Axenda de Eventos

a

Maio, xuño, xullo/ EXPO: "María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada"

  O Quiosco Alfonso da Coruña acolle desde este xoves a exposición "María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada", a primeira mostra retrospectiva sobre a artista de orixe coruñesa. É, ademais, o acto central do Ano Internacional María Casares, organizado polo concello herculino para conmemorar o centenario do seu nacemento.

  A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto xunto á comisaria da exposición, María Lopo, e o familiar de María Casares, Michel Casares, que o mércores formalizou a doazón á cidade de 282obxectos da colección persoal da artista.

  Esta é a maior mostra feita ata o momento sobre a actrizde orixe coruñesa. "Trátase da volta da súa memoria á cidade e a gran oportunidade dos nosos veciños e veciñas de coñecer máis en profundidade quen foi esta importantísima muller", sinalou Inés Rey.

  A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da homenaxeada, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés, pasando pola súa etapa en Madrid e a súa formación.

Lugar:

  • Quiosco Alfonso. Av. Xardíns de Méndez Núñez, 3, 15003 A Coruña

Data:

  • 31/07/2022

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados