E-distrito

Axenda de Eventos

E

FESTAS DE MARÍA PITA 2022. Batalla Naval

  A Batalla Naval configúrase como a representación pirotécnica que recrea o asedio por parte das tropas británicas comandadas por Francis Drake en 1589 e a defensa da cidade levada a cabo polos veciños, que daría lugar á tradición oral na que se relataban as fazañas de María Pita. (Ver sección "Historia" no apartado "A Coruña información" da páxina principal .

  Consiste nunha simulación de fogos artificiais a partir de tres puntos de orixe colocados estratéxicamente ao longo da baía do Orzán, que proporcionan unhas vistas espectaculares dende o paseo marítimo á altura das praias.  Máis de cen mil persoas reúnense anualmente a disfrutar da case media hora de duración do  acontecemento.

Data:

  • 14/08/2022

Hora:

  • 23:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados