E-distrito

Axenda de Eventos

a

Gala con Roberto Alagna

  Roberto Alagna é sen dúbida una das grandes estrelas da ópera do noso tempo, a súa dilatada carreira e a enorme cantidade de gravacións, tanto discográficas como fílmicas, fan de cada un dos seus concertos e presentacións un auténtico evento de masas. 

  A Coruña terá o privilexio de contar con el para unha gala lírica no Teatro Colón da nosa cidade e o director para esta especial ocasión será unha das batutas máis talentosas do panorama nacional, especialista en repertorio vocal e cunha imparable proxección internacional: José Miguel Pérez Sierra. 

  O concerto, que será ademais a única presentación do tenor en territorio español en toda a tempada 2022, terá como acompañante á Sinfónica de Galicia, orquestra que segue demostrando ano tras ano o altísimo nivel dos seus integrantes e o seu compromiso co desenvolvemento da ópera e a música na rexión. 

  É lóxico supoñer a enorme repercusión que este espectáculo terá a nivel nacional e internacional, consolidando -aínda máis- o prestixio do festival de ópera e da vida cultural da Coruña como referente de calidade e bo facer, e envorcando as miradas dos amantes da ópera e a música de todo o mundo sobre a nosa cidade e este importante evento.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 07/12/2022

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados