E-distrito

Axenda de Eventos

a

Salvador Sobral

  Salvador Sobral presenta o seu último traballo, bpm, en Galicia

  bpm: batimentos por minuto. En galego: latexos por minuto. O corazón -ferido e sandado- de Salvador Sobral (Lisboa, 1989) segue bombeando música con sentimento. O seu bpm -unha unidade de medición do seu estado de saúde-, que é como titulou o seu último traballo discográfico, é sanitariamente óptima… e musicalmente fantástica.

  Renovada. A música de Salvador Sobral ten nova identidade. Novas atmosferas. Nova cor. Por primeira vez, inclúe a guitarra. Pero as emocións permanecen. As súas cicatrices da alma -e ata as físicas, borrosamente albiscadas na portada- seguen punzando un disco emocionante no que o cantante e compositor ispe os seus medos, os seus anhelos, as súas alegrías.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 24/03/2023

Hora:

  • 21:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados