Información proporcionada pola sala:
"Nestor Pardo montou a súa primeira banda con 19 anos e desde entón percorreu todos os xéneros de raíz afroamericana, do blues ao rockabilly, pasando por o rhythm & blues, o country e folk. En 2008 emigra a Madrid para finalizar os seus estudos de Música Creativa e contacta con Roi Fontoira, con quen monta unha banda de R&B e Swing coa que percorren diversos países europeos, antes de emprender a súa carreira en solitario e gravar dous discos con temas propios. Profundando no seu coñecemento do blues, pasou os últimos meses vivindo e actuando en Clarksdale, Mississippi, unha dos principais berces do xénero e onde a lenda sitúa o pacto de Robert Johnson co diaño e lugar de orixe de figuras como Muddfy Waters ou Ike Turner"
.