A exposición está composta polas ilustracións de 50 humoristas gráficos que ofrece a súa persoal interpetación de un cadro mítico de Picasso. É o caso de Mingote, Quino, Elena Ospina, Siro López e Pinto & Chinto, entre outros.
A Casa Museo Picasso acolleu hoxe a posta en marcha da mostra "El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad". A exposición, comisariada por Juan García Cerrada, do Instituto Quevedo del Humor, está composta polas ilustracións de 50 humoristas gráficos que, á súa forma, reinterpretaron un cadro mítico de Picasso. É o caso de Mingote, Quino, Elena Ospina, Siro López e Pinto & Chinto, entre moitos outros.
A mostra estará aberta ao público na Casa Museo Picasso ata o vindeiro día 30 de xuño: de martes a sábados, en horario de 11.00 a 13.30, e de 18.00 a 20.00 horas; e tamén os domingos e festivos, en horario de 12.00 a 14.00 horas.