Trátase dunha obra conceptual que vira arredor da defensa e o respecto á natureza, onde se expoñen diferentes lugares e vivencias da infancia e adolescencia do músico relacionadas co mundo natural. Inclúe catro suites instrumentais de aproximadamente 10 minutos cada unha independentes entre si, onde varias melodías actúan como nexo entre elas, aparecendo cada certo tempo sobre diferentes harmonías, ambientes ou texturas, que evocan espazos e sensacións a partir das principais influencias musicais asimiladas durante a adolescencia. Mãe representa a todo ser coa capacidade de procrear vida, desde a máis pequena das criaturas ata o planeta mesmo (Gaia). É unha homenaxe ao feito feminino.Quico Comesaña, alicerce do folk galego, volve aos escenarios con este singular espectáculo, unha obra impresionante que non deixará indiferente a ninguén.
Estará acompañado por unha banda integrada por Carmen Gallego (violín, nyckelharpa), Marcos Padrón (acordeón), Paula Oanes (arpa céltica) e Leandro Deltell (percusións).