Tanxugueiras pechará a xira "Diluvio" no Coliseum da Coruña cun concerto especial con máis artistas. Rayden, Rozalén, Guadi Galego, Muerdo, Mondra e Valeria Castro acompañarán o trío de pandereteiras nunha cita histórica.
Rayden, Rozalén, Guadi Galego, Muerdo, Mondra e Valeria Castro subiranse ao escenario do Coliseum da Coruña o vindeiro 16 de decembro para acompañar o trío de pandereteiras na gran foliada para a que aínda quedan sorpresas por confirmar. "Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data, xa que é moi emocionante que tantos grandes artistas aos que consideramos amigos se unan para festexar a música como idioma universal" explicaron as artistas. As pandereteiras interpretarán desde cancións xa recoñecidas do seu repertorio como "Terra", "Averno" ou "Aire", así como novos temas aínda en colaboración con outros artistas como Ruth Lorenzo ou Juancho Marqués.
.