E-distrito

Axenda de Eventos

"

"Las noches de Ortega"

   "Las noches de Ortega" é un show en directo cunha mecánica ligada ao particular universo de Juan Carlos Ortega e ao humor que o caracteriza.

  Incluirá as súas peculiares chamadas, proxección de vídeos e personaxes tan recoñecidos como Marco Antonio Aguirre, entre outros.

  Juan Carlos Ortega é un humorista, escritor e presentador de radio e televisión. É autor dos libros «Buenos días, Sócrates», «Morirse es una mierda», «Cuentos para Ulises» e «Miguel Gila, vida y obra de un genio». Na actualidade escribiu dous libros, un para a editorial Planeta e outro para Libros del Silencio.

  Foi o presentador do programa de televisión La Mitad Invisible, en La 2 de TVE, un espazo de divulgación cultural. É presentador do programa «Las noches de Ortega» dende hai 8 anos e presentador de «Transmite La Ser» dende hai dúas temporadas. En 2016 concedéuselle o Premio Ondas pola súa traxectoria profesional.

Lugar:

  • Centro Ágora

Data:

  • 21/09/2023

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados