E-distrito

Axenda de Eventos

R

TRC danza: Double Bill

   Double bill é o programa dobre que leva a Der Held e Pausa Azul a coexistir nun mesmo espazo e tempo escénicos. Propón transitar dun a outro a modo de travesía, de viaxe. O primeiro acontece; e para que o segundo poida suceder debe ir borrando os rastros do anterior, dando lugar unha materialidade en constante transformación. Nun, o corpo biolóxico ocúpase da modulación dos espazos do percorrido; o corpo que reclama a atención. Noutro, os espazos vanse transformando a pesar da materia corpórea, facendo que esta forme parte da paisaxe, equilibrando as tarefas, as ocupacións, dando posibilidade a un observar panorámico. Poder escoller os puntos de foco, posuír a liberdade de mirar aquilo que se necesita, aquilo que se desexa. O corpo é presenza e déixase afectar polas materias coa que coexiste.

   Elenco: Javier Arozena

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 23/09/2023

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados