E-distrito

Axenda de Eventos

í

Días 08 e 09-dec/ Corentena. Perdomo e Touriñán en directo

   Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

  En "Corentena", os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A. 15001 A Coruña

Data:

  • 09/12/2023

Hora:

  • Día 08 ás 20:30 e 23:00 h / Día 09 ás 20:00 e 22:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados