Un 19 de maio de 1979 no Colexio dos Salesianos celebrouse o primeiro concerto deste proxecto que, grazas á resposta do público, segue hoxe adiante no seu labor de reinvindicación da nosa música tradicional.
Lembramos sempre os fantásticos recitais que tiveron lugar nos distintos espazos da cidade herculina: o Teatro Colón, o Palacio dos Deportes, a Plaza de María Pita, o Parque de Santa Margarida…
Así como a publicación dos dous primeiros discos, "A Galicia de Maeloc" e "O Berro Seco", baixo o selo dunha compañía coruñesa como foi Ruada.
O próximo 19 de maio Coruña voltará ser testemuña da historia de Milladoiro, onde terá lugar un concerto moi especial con motivo da celebración dos 45 anos do grupo.
Xosé V. Ferreirós, Moncho García e Nando Casal xunto ao concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, na presentación do concerto.
.