E-distrito

Axenda de Eventos

2

12 e 13-abr/ Hellen Keller, a muller marabilla?

  Chévere inicia un proxecto que vai modificar algunhas das chaves do seu traballo, tratando de cuestionar o seu propio modus operandi para seguir desbordando os límites e as estratexias máis repetitivas e canónicas das prácticas actuais de teatro documento. Un proxecto que se afasta das historias máis ou menos locais e da mirada xeracional, pero que mantén o interese por narrar desde as zonas de fricción entre a memoria colectiva e os relatos oficiais, mantendo a metodoloxía de traballo e as tácticas de creación.

  Todo comeza ao descubrir os textos e o activismo político de Helen Keller, unha muller norteamericana, colocada fóra da normatividade dende os dezanove meses de vida, ao quedar xorda e cega por unha enfermidade, e que se converteu nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904. A súa vida foi fixada na memoria colectiva como un exemplo de superación e a maioría dos seus escritos acabaron rescatados como simples aforismos motivacionais. Por iso faise necesario rescatar a dimensión crítica da súa vida, porque ela é un exemplo de disidencia anticapitalista, que desborda a lóxica do milagre americano ao colocarse do lado dos máis vulnerables, contra a guerra e a explotación, militando en organizacións socialistas e revolucionarias nun país que fixo da loita contra o comunismo unha razón de ser.

  Por tanto, este é un proxecto sobre a rebeldía e a disidencia. Sobre mulleres rebeldes e disidentes que romperon o silencio social. Pero este tamén é un traballo sobre a linguaxe, que quere cuestionar a in-comunicación entre persoas ouvintes e non ouvintes, entre persoas normais e persoas diferentes, integrando na mesma obra a lingua falada e a lingua de signos.

  Con Patricia de Lorenzo, ÁngelavIbáñez, Chusa Pérez

  Dramaturxia e dirección: Xron

  Unha coproducción de Chévere, Centro Dramático Nacional e Teatre Lliure

  Dobre sesión: días 12 e 13 ás 20:30 h

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 13/04/2024

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados