E-distrito

Axenda de Eventos

a

Maio Jazz | Isto é Jazz!, de Xacobe Martínez Antelo Quinteto

   A traxectoria profesional de Xacobe Martínez Antelo deixa un balance de máis de 4o discos dos que forma parte como baixista, contrabaixista ou director musical. O seu songbook persoal, só no eido do Jazz, sobrepasa xa as 70 composicións orixinais; material publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño. Presentamos agora a súa quinta formación como líder. Un renovado Quinteto integrado por 5 dos máximos expoñentes do Novo Jazz Galego. Unha nova formación na que amosan un traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música de altísima calidade polos catro costados.

  • Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
  • Xosé Miguélez, saxo tenor
  • Manuel Cebrián, guitarra
  • Javier Pereiro, trompeta
  • Max Gómez, batería
.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A. 15001 A Coruña

Data:

  • 12/05/2024

Hora:

  • 20:00 h

Prezo:

  • De balde con convite. Os convites estarán dispoñibles 15 días antes do concerto.

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados