E-distrito

Axenda de Eventos

a

Maio Jazz | Contradictio, de Xose Miguélez & Jean-Michel Pilc Quartet

   Con Contradictio o saxofonista Xose Miguélez consolídase na escea do jazz internacional. Hray Attarian (All about jazz)
   Jean-Michel Pilc parece ter chegado do ceo coas súas ideas e técnica completamente formadas. Ben Ratliff (The New York Times)
   Onde queira que este cuarteto toque, acudan a escoitalos. George W. Harris (JazzWeekly)

   Despois da grande acollida de Ontology, álbum publicado pola discográfica americana Origin Records, o saxofonista galego Xose Miguélez e Jean-Michel Pilc, un dos pianistas máis destacados do panorama internacional, deciden crear un novo cuarteto, para o que contan con dous dos músicos máis sobresaíntes do jazz portugués, Carlos Barretto no contrabaixo e Marcos Cavaleiro na batería. Froito desta xuntanza, nace un novo traballo discográfico, o segundo para a discográfica de Seattle, baixo o nome de Contradictio que acada unha resposta extraordinaria pola crítica nacional e mesmo da internacional. O álbum aparece dentro dos máis salientados do ano nas listaxes de xornalistas de jazz como Sammy Stein (Jazzviews), Mirian Arbalejo (Jazz Journalist Asociation), Rudy de Juana (CaravanJazz), Salvador Catalán (Diario de Sevilla) ou Lois Atanes (O recanto do Corcovado), entre outros. O cuarteto presenta, por primeira vez, nesta edición do MaioJazz, música dos dous discos anteriores, que foron galardonados nos Premios Martín Códax da música galega (eds. 19 e 22) e composicións do que será o seu vindeiro traballo.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A. 15001 A Coruña

Data:

  • 19/05/2024

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados