Información proporcionada pola sala:
"BREO, un novo grupo de folk que emana e bebe da tradición galega, mesturando a música tradicional e a cultura inmaterial de Galiza con novos sons, creando unha música contemporánea de raíz.
Cun directo potente, fresco, e á súa vez maino e afabel, BREO translada, coa forza de todos e cada un dos seus compoñentes, a importancia e o valor de que as nosas músicas continúen vivas.
BREO, o novo grupo revelación do folk en Galicia, presentará o seu primeiro traballo discográfico, ‘Máis Alá’, o mércores 9 de outubro, que se poderá escoitar en todas as prataformas dixitais. Este eríxese sobre a importancia do misticismo, as costumes e as lendas galegas, tres motivos que dan inspiración a cada unha das canción que compoñen este traballo e que nos ofrecen unha lembranza das figuras que conseguiron que todos estes coñecementos chegaran aos nosos días: os nosos e as nosas maiores".