O luns 16 de decembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto #MulleresNaRúa, unha charla sobre ecofeminismo, a cargo de Carmen Nieto, membro da directiva de ADEGA.
O ecofeminismo é unha corrente de pensamento e un movemento social que integra feminismo e ecoloxismo pondo de manifesto as relacións existentes entre a subordinación das mulleres e outros grupos sociais non privilexiados coa sobre explotación e degradación do medio natural. Propugna que o sistema capitalista e neoliberal, en alianza co patriarcal, xerou unha cultura de dominación e extractiva sen control suicida, posto que os seres humanos somos ecodependentes, que debe ser substituída por unha relación harmónica coa natureza.
O ecofeminismo, en ten longa tradición xa manifestada pola nosa devanceira Rosalía de Castro. A súa voz sempre se ergueu en defensa das causas do común, entre as que non esquecía o medio ambiente. Ela foi a única en protestar perante a destrución das carballeiras (Los robles, En las Orillas del Sar)