E-distrito

Axenda de Eventos

1

21 e 22-mar/ Un deus salvaxe

  Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos.... Os pais da "vítima" convidan á súa casa aos pais do "matón" para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire un ton máis violento a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.

  As parellas empezarán a insultarse sen reparo algún, e mesmo non dubidarán en sacar os trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que esta se vai alongando innecesariamente.

  Con Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo

   Dirección e adaptación: Artur Trillo

  Escenografía e deseño iluminación: Dani Trillo

  Produción de Talía Teatro

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 22/03/2025

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados