A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental BRAVÚ XXX.
BRAVÚ XXX é un filme documental realizado por Nós Televisión, no que Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. BRAVÚ XXX O grupo musical Rager (Proxecto Xeración Sónica) de Pontevedra; Paola Beiro das Garotas da Ribeira; Nuno Pico, de Grande Amore: Xosé Manuel Pereiro, alias Johnny Rotring en Radio Océano; María Xosé Silvar, Sés; Os Vacalouras... son algunhas das artistas que conforman este filme documental de Nós Televisión que viaxa a través do tempo, da historia e do país ata chegar á aldea de Viana en Chantada, onde naceu o concepto do bravú.
Esta viaxe, conducida por Xurxo Souto, levaranos a coñecer a Richi de Rastreros. Antón dos Papaqueixos, Rafa de Caimán do Río Tea e Benxa dos Impresentables, tamén cofundadores dun movemento que o revolucionou todo. O filme foi realizado co apoio institucional do Concello de Chantada, do Concello de Pontevedra, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, do Concello de Santiago e do Concello de Carballo.