Héctor e Berna son un matrimonio sen fillos, ao longo da súa vida reuniron unha colección á que sacrificaron todo o demais. Agora, anciáns, queren asegurarse de que a colección os sobreviva, para o que buscan un herdeiro. Convocaron a Susana, coleccionista á súa vez, seica para examinala. Acompáñaos Carlos, quizais tamén el un examinador, se é que non unha peza da colección. É La colección unha obra sobre o matrimonio, sobre o paso do tempo e sobre a misteriosa relación entre as persoas e os obxectos. "Era necesario que alguén fixese a colección. Imaxes separadas por océanos ou séculos esperaban que alguén as reunise. O seu destino era a colección. Se algún día, dentro dun millón de anos, un ser capaz de pensar e de sentir atopa a colección, saberá que é a humanidade e que podería ser. Antes de atravesar esa porta, pensen que, cando volvan a este lado verán todo desde a colección. Tamén ás demais persoas e a eles mesmos. A colección descóbrete. Non podes vela e non preguntar quen es, porque contén todo o que es e todo o que non es.
Con José Sacristán, Ana Marzoa, Ignacio Jiménez, Zaira Montes
Dirección: Juan Mayorga
Coprodución de LAZONA e Teatro de la Abadía.
Días 13 e 14 de xuño