E-distrito

Axenda de Eventos

O

NOITES DO PORTO. The Lemonheads

  Desde a prolífica escena de Boston, que viu nacer a bandas como Pixies, Dinosaur Jr ou Buffalo Tom, chéganos unha das formacións máis queridas do indie americano: The Lemonheads. O vindeiro 25 de setembro, o Playa Club da Coruña será escenario dunha noite cargada de himnos pop con enerxía punk e sensibilidade grunge.

  Liderados polo incombustible e carismático Evan Dando, repasarán temas de culto como os de Come On Feel The Lemonheads (1993), e presentarán en primicia cancións de Love Chant, o seu primeiro álbum en 19 anos. Unha oportunidade única para revivir a banda sonora dos 90 cun concerto en formato sala que promete unha enerxía inesquecible.

.

Lugar:

  • Playa Club

Data:

  • 25/09/2025

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados