E-distrito

Axenda de Eventos

s

Esfínter 5

  Volveu o Nadal, volve ESFÍNTER: Un espectáculo para pechar o ano! Javier VeigaDavid Amor e Rober Bodegas anuncian o seu agardado regreso aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 5, o reencontro de amigos que se converteu nunha das tradicións máis esperadas do Nadal galegas, á par da chegada do Apalpador, a Noiteboa e o acendido das luces de Vigo. E non o dicimos só nós, senón as miles de persoas que ano tras ano se reúnen coas nosas estrelas nos teatros galegos para celebrar estas datas especiais!

  E como dixo Mariah Carey, ‘All I want for Christmas is ESFÍNTER 5‘. O mellor espectáculo ao que podes ir cos teus seres queridos e, como as nosas estrelas, ter unha escusa para cear xuntos en datas tan especiais! 90 minutos de humor puro de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven coma el turrón para unirse ao público galego.

  Vémonos en decembro? Como cada ano, repetimos: Mentres o público queira, seguiremos a gozar destas festas especiais en compañía de Javi, David e Rober!

  • Luns, 29 de Decembro de 2025 | 19:00
  • Luns, 29 de Decembro de 2025 | 21:30

Lugar:

  • TEATRO COLÓN Avenida da Marina nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 29/12/2025

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

MUSEO DOMUS
Parking Mallos

Relacionados