E-distrito

Componentes Galicia SL

Tipo de Establecimento: Compras » Informática, Son e Imaxe. Fotografía. Tecnoloxía.

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@componentesgalicia.com

Componentes Galicia S.L Master Galicia.  

.

  Componentes Galicia SL é unha empresa que en 1989 inicia as súas actividades no campo da electrónica, e máis concretamente no campo de repostos e accesorios por xunto para electrónica de consumo. Dende entón e sen interrupción, a nosa organización estivo a buscar os compoñentes con maior prestixio no mercado e aos mellores prezos; proba diso son as principais marcas que representamos ou distribuímos.

  Electrónica.

  No sector da electrónica, Componentes Galicia é para o cliente un punto de referencia importante no servizo rápido de compoñentes electrónicos, utilizando para iso múltiples contactos nas principais fontes de subministración e fabricación.

  O persoal da nosa empresa realiza unha coidada selección dos artigos, que posteriormente distribúe ao distribuidor e consumidor final, aos que asesoran técnicamente. Dispoñemos dun almacén de máis de 10.000 referencias.

  Electrodomésticos.

  A finais de 2001, o devir do mercado incentivou a inauguración dunha nova planta destinada á venda de produto rematado de electrónica de consumo. Coa colaboración da cadea MASTER o noso principal obxectivo é a superación constante do nivel de servizo aos nosos clientes, ofrecendo asesoramento comercial e instalación técnica co noso persoal, ademais de dispoñer dunha ampla gama de produtos das principais marcas do mercado.

  Instalacións.

  Dispoñemos igualmente dun servizo de instalación técnica xa sexa no campo de recepción de sinal de TV, telefonía, redes de cable, Circuíto Pechado de TV, ou Vixilancia e Sonorización.

Enderezo

  • Rúa Pasteur 30
  • 15010 A Coruña
  • Teléfono: 981 14 51 60
  • Web: http://www.componentesgalicia.com/
  • E-mail: info@componentesgalicia.com

Horario de Atención

De luns a venres  

de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados