Tipo de Establecimento: Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes » Ximnasios. Ioga. Pilates
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: salusport.pilates@gmail.com
.
O noso centro dispón dunha gran variedade de equipamento lixeiro para a realización das clases. Bosu, discos rotatorios, bandas elásticas, foam roller, fitness circle...
Tamén dispoñemos de maquinaria Stott Pilates: Reformers, cadillac, Stability Chairs, Arc Barrel, Ladder Barrel...
Toda a zona de traballo conta con solo tipo tatami, antideslizante que fai que non se requira ningun tipo de calzado especial.
O Pilates proporciona forza, elasticidade e control do corpo a través do movemento pero sen sesións esgotadoras.
Aumenta a densidade ósea e é moi eficaz para os problemas de mobilidade. Ademais reduce a incontinencia co traballo de chan pélvico. Posibilita a reeducación postural e é especialmente beneficioso en persoas de idade avanzada axudando a potenciar o equilibrio mellorando a respiración e tonificando a musculatura. Tamén elimina as dores lumbares con programas específicos para persoas con problemas lumbares.
O noso ritmo de vida xera tensión que nos contractura e agarrota.
O pilates axuda a desprendernos desa tensión e rixidez.
De luns a xoves
de 09:00 a 22:00 h ininterrompidamente
Venres de 09:00 a 15:00 h