E-distrito

MUSEO DE BELAS ARTES

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases)

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: mu.belas.artes.coruna@xunta.es

  O Museo de Belas Artes da Coruña nace en 1.922 aínda que sen un emprazamento fixo. Ángel del Castillo foi o primeiro director do centro. Houbo que esperar ata 1.938 para que o pintor Fernándo Álvarez de Sotomayor intercediese para a cesión de parte do edificio do Consulado do Mar, compartido coa Real Academia de Belas Artes e a Biblioteca do Consulado, para o establecemento das obras que se adquiriran. En 1.947 abríanse as súas portas ao público.  

  Os anos 80 marcan un importante desenvolvemento e o museo pasa a ser de titularidade estatal (o que incluía un orzamento regular por parte do Ministerio de Cultura). Aos poucos vaise quedando pequeno e o roubo de dúas obras de Rubens posteriormente recuperadas incide na necesidade de construír o novo edifcio. En 1989 é a Xunta de Galicia a que asume a xestión. Á beira do antigo, o arquitecto Manuel Gallego Jorreto conseguiu o Premio Nacional de Arquitectura polo novo edificio o cal se inaugurou en 1.995 cun espazo para equipamentos de máis de 5.000 metros cadrados.

  Instalacións: 

  Seis salgas de exposicións permanentes divididas en tres plantas para a exhibición de pintura, escultura e artes decorativas. Dúas salas no recuperado convento das capuchinas que acollen as coleccións de gravados de Goya e de cerámica de Sargadelos. 

  Sala de exposición temporal con máis de 300 metros cadrados organizados en dúas plantas. 

  Salón de actos con capacidade para máis de 100 persoas situado na planta baixa e Biblioteca de acceso restrinxido con máis de 9.000 obras para a súa consulta.

  Web: http://museobelasartescoruna.xunta.gal/

Enderezo

  • Rúa Zalaeta s/n
  • 15002 A Coruña
  • Teléfono: 881 881 700
  • Fax: 881 881 701
  • E-mail: mu.belas.artes.coruna@xunta.es

Horario de Atención

  De martes a venres de 10:00 a 20:00 h

  Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h

  Domingos de 10:00 a 14:00 h

  Luns e festivos: pechado


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados