E-distrito

Mi Centro Alemán

Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: mca@micentroaleman.es

  [ Actualización Marzo 2020: Con motivo da crise do Covid-19, Mi Centro Alemán transformou todas as súas clases en cursos online a través de videoconferencia. 
    Pode contactar a traves do espazo web https://micentroaleman.com ou facebook https://www.facebook.com/micentroaleman/ . O local presencial da Praza Mestre Mateo xa non se atopa operativo.]

  O meu centro Alemán é un centro especializado de idioma e cultura alemá, con modalidade presencial e online, con método propio e tecnoloxía innovadora.

  Temos clases para nenos a partir de 3 anos de idade, novas, adultos e empresas. Podes elixir a opción que máis se axuste ás túas necesidades, entre clases presenciais, Online por videoconferencia ou unha mestura de ambas. 

  As clases online por videoconferencia están deseñadas para aqueles que teñen horarios rotativos, ou prefiren aproveitar o tempo ao 100%, ou que pola súa localización xeográfica non poden achegarse á nosa escola. As clases online grávanse e cólganse logo no noso campus virtual para que poidas acceder a elas e repasar as veces que así o desexes a túa clase as 24 hr do día.

  A nosa énfase nas clases é a comprensión e expresión oral. Os nosos grupos son reducidos cun máximo de 10 persoas polo que a aprendizaxe é moi personalizado. As clases con profesores nativos, axudan a adestrar o oído correctamente e fixar unha estupenda pronuncia. 

  Preparamos para exames de TELC, EOI, Instituto Göethe, turismo, universidades, iso, bacharelato, etc. O noso método de ensino para nenos está baseado no método lúdico alemán Kikus, onde os nenos aprenden xogando e asociando conceptos case sen darse conta con clases 100% en alemán. 

  As clases dos adultos realízanse cun libro guía, e material de apoio na nosa aula virtual. 

  Ademais: 

-  Ofrecemos actividades programadas específicas como son apoio na procura de emprego, lectura comprensiva, taller de CV, tramitacións de renda alemá para pensionados, traducións, dobraxes de voz, etc 
-  Elaboramos CV coa normativa e estilo alemán, cartas de presentación e formación para superar a entrevista de traballo. 
-  Asesoramos no proceso contractual desde o primeiro contacto ata a firma do contrato de traballo. 
-  Realizamos revisións de contratos de aluguer en Alemaña, seguridade social, bancos, etc. 
-  Traballamos tamén para empresas, xa sexa nas nosas instalacións ou desprazándonos ata o lugar indicado para impartir as clases.

  Máis información en http://micentroaleman.com
  Facebook: facebook.com/micentroaleman/

Enderezo

  • Praza Maestro Mateo 2, 1º
  • 15004 A Coruña
  • Teléfono: 881 068 458
  • Móbil: 686 62 03 57
  • Web: http://micentroaleman.com
  • E-mail: mca@micentroaleman.es

Horario de Atención


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados