E-distrito

GutBer English

Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: admin@gb-english.com

.

  GB English é unha academia de inglés para todas as idades e niveis.

  Especializámonos na preparación de exames oficiais (Cambridge, EOI, IELTS), onde podemos presumir dunha altísima porcentaxe de éxito. A nosa prioridade é que o noso alumnado obteña un dominio do inglés tanto oral como escrito que lle permita manexarse no idioma a todos os niveis. As clases realízanse íntegramente en inglés e traballamos as catro destrezas (oral, auditiva, lectura e escritura) con énfase na parte oral, facendo do inglés o idioma vehicular e promovendo o uso real do idioma dende o primeiro día.

  Ofertamos distintas modalidades de cursos e horarios (tanto presenciais como online, individuais ou en grupo, para escolares ou empresas) para poder adaptarnos ás necesidades de cada persoa, desde os máis pequenos ata os maiores, nun ambiente distendido e lúdico.

  O noso profesorado componse de docentes nativos bilingües titulados e con anos de experiencia na docencia do inglés. Parte do noso equipo actúa tamén como examinadores das probas orais oficiais de Cambridge.

  GutBer English foi creada cunha misión: crearmos un espazo onde o noso alumnado poida crecer, aprender e avanzar a cada paso hacia as súas metas personais, desenvolvendo as súas habilidades ao máis alto nivel.

  Convidámoste a navegar polo nosa web e descubrir todo o que GB English che pode ofrecer. Utiliza as diversas formas de contacto que ofrecemos (teléfono, correo electrónico, formulario web) ou visítanos sen compromiso para aclarar todas as dúbidas que poidas ter sobre a formación en inglés. 

  Concerta unha cita para realizar a nosa proba de nivel gratuíta e sen compromiso algún, e non deixes que o idioma se interpoña entre ti e as túas metas.

  https://www.gb-english.com

Enderezo

  • Rúa Ángel Rebollo 11
  • 15002 A Coruña
  • Teléfono: 981 90 92 79
  • Móbil: 675 56 94 33
  • Web: https://www.gb-english.com
  • E-mail: admin@gb-english.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 08:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:30 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados