E-distrito

Joyería La Esmeralda

Tipo de Establecimento: Compras » Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: laesmeralda@laesmeraldajoyas.com

Joyería La Esmeralda. Joyerías en Coruña

  Joyería La Esmeralda

  Cóntanos esa idea. Nós suxerirémosche as posibilidades.

  Faremos uns esbozos a lapis e ensinarémosche cousas que xa fixemos para centrala. Isto farase en función ao que queiras investir, xa que unha da nosa funcións é asesorarche e sacar o máximo partido ao teu presuposto. Tamén podemos reparar, reformar ou restaurar as túas xoias usadas ou enfilar e redeseñar os teus colares.

  Ofrecémosche unha gran variedade de xemas excepcionalmente belas xa que foron escollidas con criterios xemolóxicos e adquiridas en orixe. Con elas realizamos os nosos deseños.

  Seleccionaremos a pedra ou pedras que imos usar e faremos un debuxo en tres dimensións para que poidas ver fotos da túa peza antes de fabricala.

  A nosa familia está relacionada coa xoiería desde 1.907.

  Desde o pequeno taller artesanal a principios do século pasado, en Córdoba, ata a fabricación de grandes series para profesionais na Coruña, entre os anos 1.945 e a década dos 80.

  A partir de aí os afeccionados ás xoias empezaron a demandar máis deseño e exclusividade. Xemas de gran beleza e rareza, ata o momento descoñecidas no mercado español (agás polos xemólogos que tiñamos que estudalas) eran demandadas. En La Esmeralda volvemos ao antigo taller artesanal, pero con ferramentas de última tecnoloxía, tanto para deseño, clasificación de xemas ou fabricación.

  A xemoloxía axúdanos a clasificar as mellores xemas dado que coñecemos mellor as súas propiedades. Os sistemas de soldadura con microscopio PUK, con atmosfera controlada, permiten acabados e formas que serían imposibles para os nosos avós. O deseño asistido por computador permite ver debuxos calidade foto e en tres dimensións a nosa peza única antes de facela. Isto facilítanos aplicar os criterios de composición, equilibrio e deseño que nos ensinaban os nosos profesores de debuxo e pintura.

  Coñécenos máis en http://www.laesmeraldajoyas.es/

Enderezo

  • Rúa San Andrés 23 baixo 2
  • 15003 A Coruña
  • Teléfono: 981 21 03 18
  • Web: www.laesmeraldajoyas.es
  • E-mail: laesmeralda@laesmeraldajoyas.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h

Sábados de 11:00 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados