E-distrito

CASA MUSEO CASARES QUIROGA

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos e Arte/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía...

.

  Casa Museo Casares Quiroga.

  A casa consta de varias plantas e nela pódense albergar desde exposicións ata cursos. Instalación museográfica para a promoción de iniciativas en recordo de Santiago Casares Quiroga e o republicanismo coruñés e galego.

  Foi en 2001 cando o Concello adquiriu o número 12 da rúa Panadeiras, a vivenda na que residiu Santiago Casares Quiroga, presidente do Goberno da II República, e naceu a súa filla, a actriz María Casares. Tivo que pasar máis dun lustro, con múltiples atrasos na finalización dos traballos de rehabilitación e musealización, para que se reinaugurase como casa museo o 14 abril de 2007. O proxecto foi tomando forma ao longo de 2002 e en 2003, ano electoral, converteuse nunha das promesas para a lexislatura, como futuro museo da República e da historia da cidade a finais do XIX e do XX.

Enderezo

  • Rúa Panaderas 12
  • 15001 A Coruña
  • Teléfono: 981 189 856

    Horario de Atención

    De martes a sábado

    de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h

    Domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h


    Voltar á páxina anterior

    Parking Mallos
    Parking Mallos

    Relacionados