E-distrito

Farmacia Villar

Tipo de Establecimento: Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores » Farmacia / Herboristaría

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: farmaciavillar@farmaciavillar.com

  Farmacia Villar.

  Farmacia emblemática da Coruña na Rúa Real dende 1.827

  Farmacéuticos de 6ª Xeración.

  Elabóranse Fórmulas Maxistrais e Preparados Oficinais tanto para aqueles pacientes cuxo médico as prescriba así como para aquelas farmacias que o precisen. Tamén seccións de Homeopatía e Medicina Veterinaria.

  Espazo web e tenda online: 
  https://www.farmaciavillar.es

  A nosa historia comeza en 1802 co nacemento de Don José Villar Vázquez na cidade de Betanzos que neses anos era unha das cidades máis importantes de Galicia, dado que entre outras cousas tiña porto resgardado e unha importante industria madeireira e de curtidos. Nesa mesma cidade cursa os seus estudos elementais e matricúlase na Real Junta Gubernativa Superior de Farmacia, pois a Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela fundaríase uns anos máis tarde. En 1827 expídeselle o título que lle acredita como boticario e que lle permite montar o seu negocio. Este título orixinal gárdase xunto ao seu retrato na farmacia no día de hoxe, nunha sala onde baixo un retrato de cada un dos farmacéuticos da nosa familia pódese ver o seu título oficial. 

  Nese mesmo ano, 1827, decide montar a súa botica, non en Betanzos senón na Coruña, que estaba a empezar a crecer grazas ao seu porto, con máis calado e boas condicións de resgardo, que a comunicaba co resto do país. Sitúaa na Rúa Real número 82, sendo naquelas datas un lugar afastado do centro e da Cidade Vella xa que era onde acampaban os exércitos. Nese mesmo emprazamento (pero no local contiguo, número 80)  atopámonos na actualidade.

Enderezo

  • Rúa Real 80
  • 15003 A Coruña
  • Teléfono: 981 22 16 54
  • Web: https://www.farmaciavillar.es
  • E-mail: farmaciavillar@farmaciavillar.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 09:30 a 21:30 h

Sábados de 09:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados