E-distrito

Herbolario Santo Remedio

Tipo de Establecimento: Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes » Estética, Relax e masaxes.

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: herboristeriasantoremedio@hotmail.com

.

  En Herbolario Santo Remedio tratamos o relacionado coa saúde. 

  Nun concepto natural e ecléctico partimos, por unha banda, da Nutrición para ofrecer a través de nosas dietistas calquera tratamento ben de adelgazamento ou ben relacionado con patoloxías alimentarias. De feito, na tenda poderás atopar suplementos dietéticos como fitoterapia e plantas a granel. 

  Por outra banda nas nosas salas especialmente habilitadas ofrecemos masaxes tanto terapéuticas como relaxantes (deportivas, descontracturantes, drenaxe linfático, masaxe facial xaponesa...), e masaxe tailandesa, un complexo tratamento milenario en Oriente pero novo en Europa occidental baseado en profundos estiramentos perceptivos e influenciado orixinalmente pola Medicina Tradicional China.

  A nosa filosofía parte do natural e o manual. Todas as nosas terapias (limpezas faciais de cute, hidratacións, máscaras...) realízanse usando produtos frescos elaborados por nós para garantir a ausencia de excipientes ou conservantes, do mesmo xeito que nas masaxes utilizamos aceites esenciais. 

  Tentamos tamén compatibilizar as necesidades dos nosos clientes cos diferentes servizos. Os nosos prezos son populares e abranguen alternativas diversas. No caso das masaxes o tempo por sesión pode variar desde trinta minutos a dúas horas; adaptamos os prezos, orzamentos ou bonos para satisfacer as necesidades individuais. Todo iso mantendo como principal característica de Herbolario Santo Remedio, o trato humano, próximo e persoal, que segundo os nosos clientes nos define primordialmente.

  Síguenos en Facebook.

Enderezo

  • Rúa Álvaro Cebreiro 9
  • 15003 A Coruña
  • Teléfono: 881 968 746
  • Móbil: 677 356 240
  • E-mail: herboristeriasantoremedio@hotmail.com

Horario de Atención

- Tenda.

de luns a venres
de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h

- Masaxes, terapias, e consulta dietética

de luns a venres 
de 09:00 a 21:00 h con previa cita.


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados