E-distrito

Bordello Lencería Cocktail bar

Tipo de Establecimento: Hostelería. Alimentación. Música, salas, material » Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@bordellolenceria.com

  Bordello Lencería

  As dúas caras da Coruña co seu ar máis internacional. Un segredo escondido tras as súas portas, esperando a que o descubras. 

  Durante o día, o bar e o seu espazo aberto convidan a gozar dunha ubicación privilexiada no centro da Coruña, a escasos metros de dúas das súas prazas principais: a de María Pita, co Concello e a Cidade Vella; e a praza de España, histórico Campo da Leña e porta de acceso a Montealto.

  Vermús tradicionais de alta calidade, unha extensa gama de cervexas artesanas gourmet (incluso como parte sustancial dunha orixinal carta de cocktails), xunto a cafés para paladares exquisitos e tés exclusivos co matcha de importación no seu papel principal pero tamén como ingrediente de luxo nos cócteles, configuran un menú destinado a aqueles que desexen pasar un rato agradable gozando do entorno histórico coruñés.

  Pola noite, Bordello convírtese nun bar secreto oculto nunha tenda de lencería. A decoración, como en tempos da Prohibición, transmútase por completo para amosar o seu lado máis atrevido e dar paso a unha proposta de cócteles inédita en España. E efímera. Nada en Bordello é permanente, para que a experiencia gastronómica líquida sexa única en cada visita. A coctelería más romántica e perfeccionista con influencias galegas, xaponesas, británicas e sudamericanas abren o abano a un eido de sabor planetario.

  Tanto durante o día como na noite, Bordello acompañará cada bebida cun snack (quente ou frío) personalizado por cociñeiros e reposteros de prestixio internacional.

  Obradoiros, experiencias, e xornadas monográficas completanla experiencia Bordello en pleno corazón da Coruña, en pleno corazón do mundo.  

Enderezo

  • Rúa Varela Silvari 2
  • 15001 A Coruña
  • Teléfono: 881 926 220
  • Móbil: 604 031 892
  • E-mail: info@bordellolenceria.com

Horario de Atención

Luns, mércoles e xoves de 16:00 a peche

Martes pechado

Venres de 16:00 a 03:00 h

Sábado de 13:00 a 03:00 h

Domingo de 13:00 a 17:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados