E-distrito

Spazo

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases)

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@spazo.es

.

  Spazo. Manifiesto.

  O obxectivo é sermos un punto de difusión accesible, cercano, dinámico e participativo onde poder gozar do traballo de artistas contemporáneos; un soporte de exhibición e venda con exposicións temporais, permanentes e actividades diversas ou propostas vencelladas co mundo da arte; un espazo onde compartir e sentir de xeito colaborativo e que conflúan expresións, linguaxes e pensamentos.

  Un artista constrúese día a día. Cada oportunidade de mostrarse é un chanzo máis para crecer con novas experiencias. Cremos que a arte ten que ser accesible a todo o mundo, que todos poidan gozalo e ser inspirados por el. Cremos que calquera autor ou autora, cun corpo de traballo polo menos, poida dispoñer da posibilidade e accesibilidade para divulgar a súa obra, xa que calquera boa proposta é boa sen importar de quen veña. Non hai portas nin espazos pechados; hai unha aposta e compromiso firme polos traballos artísticos realizados desde Galicia, sen descartar os de carácter nacional e internacional. Se es artista ou tes un proxecto artístico, e che interesa participar, ponte en contacto connosco e informarémosche. 

  Info@spazo.es

Enderezo

  • Avda Os Mallos 1
  • 15007 A Coruña
  • Móbil: 603 045 194
  • Web: www.spazo.es
  • E-mail: info@spazo.es

Horario de Atención

De luns a venres

de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados