E-distrito

Flora & Co

Tipo de Establecimento: Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro... » Animais, veterinaria. Flores e xardín.

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@floraandco.es

.

  Flora&Co.

  Despois de anos camiñando por lugares insospeitados volvín de novo ao principio, ao lugar onde unha é unha mesma, recuperando as lembranzas e as emocións que me enchían: as risas, as presas, as cores, os olores, as texturas...

  E preguntándome que é o que realmente importa, atopei a resposta: Sinxelamente SER, libre, sen fisuras nin condicións…

  Convídovos a descubrir esta parte da miña esencia, aquela que tiña esquecido…

  http://www.floraandco.es

  O meu nome é Paula Roibal Rey, anteriormente bancaria e actualmente florista. O camiño dunha profesión a outra foi sinxelo de imaxinar pero complicado de decidir. Pasar dun traballo relativamente estable , saír da zona de confort e arriscarse a emprender unha nova vida dá moooooito medo.

  Unha viaxe a Macchu Picchu axudoume a atopar o rumbo. As miñas perriñas acompañáronme na catarse: Flora deume o nome e a pequena Gina chegou pouco despois. O resto foi uníndose como as pezas dun puzzle e o Universo púxoo todo no meu camiño para estar hoxe aquí, feliz e orgullosa.

  Así que agora fago o que máis me gusta, traballar con flores, tomando o relevo da floraría familiar onde aprendín a amar esta profesión.

  O 18 de xaneiro de 2016 abrimos as portas da nosa nova vida e Flora&Co converteuse nunha fermosa realidade.

Enderezo

  • Rúa Praza 13, local 4
  • 15001 A Coruña
  • Teléfono: 981 30 40 00
  • Web: http://www.floraandco.es
  • E-mail: info@floraandco.es

Horario de Atención

Luns de 10:00 a 14:00 h

De martes a venres 
de 10:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:15 h

Sábado de 10:00 a 14:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados